Neste proxecto, elaboramos unha actividade interactiva relacionada co tema da contaminación e do medio ambiente, para a cal esbozamos un debuxo (adxuntado a continuación). Os alumnos e alumnas deberán colocar uns papeis que faremos co nome de cada fenómeno (por exemplo: radiación solar, emisións industriais...). Posteriormente, adaptamos un circuito para posibilitar a iluminación das luces led.
A mecánica do exercicio plantexado aos nenos e nenas é a seguinte: facémoslles determinadas preguntas acerca do tema da contaminación, que terá como posible resposta cada parte marcada no debuxo co nome e a luz. Exemplo: "Que ten máis importancia no efecto invernadoiro, a emisión dunha casa ou a dun coche?" (o alumno deberá iluminar a resposta que considera correcta)
PRÁCTICA AUDIOVISUAL
Despois de facer a práctica de STEAM, creamos un vídeo a través da aplicación iMovie no que explicamos paso a paso a elaboración da práctica, con fotos e vídeos que tomamos durante o proceso. Añadimos tamén voz (narración do proceso) e música de fondo.
Aquí vos deixamos o link ao vídeo. Esperemos que vos guste tanto como a nós facelo!!
Comentarios
Publicar un comentario