Ola a todos e todas! Nesta nova entrada deixámosvos unha breve descrición de oito recursos educativos relacionados co tema do noso blog: o cambio climático. A nosa conta de Symbaloo onde podedes encontrar os Recursos educativos que explicamos a continuación é a seguinte: https://www.symbaloo.com/home/mix/13eOcRZFDU
Nós atopámolos moi interesantes e agardamos que tamén o sexan para vós, desfrutádeos!
Nós atopámolos moi interesantes e agardamos que tamén o sexan para vós, desfrutádeos!
1º recurso: “O clima de Galicia”. Este recurso está formado por unha serie de actividades destinadas a coñecer con máis profundidade o clima da nosa Comunidade Autónoma. Resultounos interesante porque consideramos que é importante ter un coñecemento básico do clima do lugar onde nos atopamos para comezar a falar do cambio climático.
2º recurso: “No se tira nada”. Este recurso consiste nunha presentación interactiva con actividades básicas nas que se tratan aspectos importantes relacionados coa reciclaxe; ademais, conta cun proxecto final que se realiza con materiais reciclados. A elección deste recurso ven dada pola importancia que ten a reciclaxe na temática do cambio climático.
3º recurso: “El cambio climático”. Este recurso contén presentacións interactivas, cuestionarios e diveirsas actividades que tratan sobre os compoñentes do clima, sobre o cambio climático e sobre as súas causas e consecuencias. É un recurso moi útil, xa que trata directamente o tema do cambio climático e aporta posibles solucións.
4º recurso: "Descubriendo la naturaleza en el cole". Este recurso trátase dun proxecto, levado a cabo no CEIP Rey Juan Carlos I, no que se desenrolan diferentes actividades lúdicas e motivadoras coma a creación dun horta. Por tanto é unha actividade moi práctica para acercar ó alumnado ao medio natural sen necesidade de saír da escola e mantendo.
5º recurso: “Érase una vez... un estuche”. Neste recurso plantéxase ao alumnado un proxecto consistente na narración autobiográfica dun obxecto e coñecer de que materiais están fabricados unha serie de obxectos cos que se traballa habitualmente na clase coma poden ser un estoxo, un bolígrafo ou as tesoiras.
6º recurso: “Haz frente al cambio climático”. Este recurso é unha aplicación na que, a modo de xogo, preténdese responder unhas preguntas sobre o medio ambiente para reducir a contaminación e ampliar os coñecementose sobre a natureza. Ademais é unha axuda para aprender certas medidas de actuación sobre o cambio climático e aplicalas no día a día así coma coidar e protexer os espazos e recursos naturais.
7º recurso: “Aprovéchate de la naturaleza”. Este recurso educativo interactivo é empregable para recordar as diferentes fontes de enerxía renovables ademáis de que esta presentación inclue vídeos e propostas de actividades sobre este tema das enerxías.
Comentarios
Publicar un comentario