Boas a todos/as de novo!. Nas seguintes tres entradas deixarémosvos explicadas tres diferentes aplicacións válidas e útiles para realizar actividades e contarémosvos as nosas experiencias.
Esta entrada estará centrada na plataforma de Wordwall, a cal empregamos para deseñar dúas actividades, ambas dirixidas para 3º de Primaria, xa que é no curso no que nos estamos centrando neste proxecto, mais tamén poderían ser realizadas estas actividades interactivas, nenos e nenas de maior idade, dentro da Educación Primaria.
A primeira actividade que realizamos foi un "Xogo de concurso", consistente nunha serie de preguntas de múltiple resposta, as cales hai que responder nun límite de tempo e acertalas para conseguir os máximos puntos posibles, co fin de quedar no mellor posto do ranking que se fai unha vez alguén remate a actividade. O obxectivo desta actividade é afianzar os coñecementos vistos na clase de Ciencias Naturais prinicipalmente e aplicalos de maneira didáctica e entretida.
A segunda actividade que deseñamos foi unha sopa de letras. Como ben sabedes consiste en encontrar palabras, neste casi relacionadas co cambio climático, nunha pantalla chea de letras desordeadas. Parecerá fácil pero require atención e saber sobre o tema a tratar pois entón se encontrarán antes as palabras.
A continuación insertamos un link para que poidades desfrutar destas dúas actividades:
https://wordwall.net/es/resource/12070885
Comentarios
Publicar un comentario