Ola a todos e a todas! Nesta entrada, faremos unha reflexión sobre a importancia de planificar con axuda de ferramentas específicas, centrándonos no noso uso da plataforma Prográmame.
Planificar os contidos e as actividades a realizar con axuda de ferramentas específicas é importante á hora de aplicalos na práctica. Ademais con ferramentas como prográmame o edcrumble facilitan a recollida de datos dunha Secuencia Didáctica coma poden ser a evaluación de actividades, ou a posta en marcha destas.
En canto á nosa experiencia, podemos falar da secuencia didáctica que estamos a elaborar para o alumnado de 3º de primaria. Utilizamos a ferramenta de prográmame, a cal nos resulta moi práctica para organizar os contidos. Nela, contextualizamos o tema escollido e o ubicamos na súa área de coñecemento correspondente, facendo unha breve descripción. Debido a que a plataforma é intuitiva e sinxela de manexar, non tuvimos maior problema para establecer os obxectivos de aprendizaxe (competencias básicas a adquirir) e para crear posteriormente actividades que serán postas en práctica, as cales axuden no proceso de ensino-aprendizaxe nesta área.
https://www.recursoseducativos.net/software/online/programame_udis/index.php?etapa=primaria
Comentarios
Publicar un comentario