Symbaloo

Ola a todos e todas! Nesta ocasión falarémosvos sobre unha plataforma que estivemos a empregar
para traballar chamada Symbaloo. Tedes na entrada anterior un link que vos leva á nosa conta desta
plataforma.
Desexamos que a nosa opinión sobre Symbaloo vos sirva de axuda!


 Symbaloo é unha plataforma educativa que facilita a organización de Recursos Educativos. Ademais     presenta a opción de compartilos con varios compañeiros/as. Trátase dunha aplicación moi intuitiva e fácil de manexar que permite traballar á vez a todo o equipo, resultando moi práctico. 
Supoñe unha forma de avanzar máis rapidamente no noso traballo cooperativo. Cabe mencionar tamén as múltiples opcións que ofrece á aplicación para poder compartir os nosos recursos e que estes podan chegar a outras persoas.

 Outra plataforma similar é "Trello", a cal permite crear "notas" cos traballos a realizar ou actividades
e ter un control das tareas a realizar nun proyecto e ao mesmo tempo distribuir as as actividades nos diferentes
membros dun grupo e marcar as completadas. Tamén se pode concretar un límite de tempo para realizar
cada tarea e así levar un control máis periódico de todos os pasos a seguir nun proxecto.


Comentarios