Hugo López Castro - Presentación

 

Boas a todos e a todas! Son Hugo López Castro, licenciado en Educación Primaria e son un dos membros deste blog sobre o cambio climático. Teño 24 anos e este é o meu primeiro ano nun CEIP de Vigo tras acadar unha praza nas oposicións. Tócame comezar nunha situación na que as novas tecnoloxías son fundamentais e tratarei de empregalas da mellor forma posible.

As TIC están moi presentes na miña vida, pois fago uso de diversas redes sociais e utilizo internet para buscar información ou resolver dúbidas. Na actualidade, estas novas tecnoloxías son moi útiles para aprender sobre diversos temas, e este é o uso que trataremos de darlle a este blog.

En canto a min, son unha persoa á cal lle encanta o seu traballo e que trata de aprender e mellorar cada día. No meu tempo libre gústame pasar tempo cos meus/miñas amigos/as e coa miña familia, escoitar música, ler ou ver series e, como vivo nunha cidade costeira, encántame a praia e vou sempre que podo; ademais, unha das cousas que máis me gustan é o deporte. 

Espero que desfrutedes moito deste blog, saúdos!

Comentarios