Iria Paz- Presentación

 


Benvidos a todas e todos! Eu son Iria Paz, licenciada en Educación Infantil e Primaria, teño 25 anos e a miña etapa como docente acaba de comezar fai uns meses. Sen dúbida, esta nova etapa comeza de forma peculiar canto menos, no medio dunha pandemia, quén mo diría... 

Considérome unha persoa moi constante e entregada no meu traballo; tamén algo despistada.No meu tempo libre gústame pasar tempo ao aire libre coa miña familia e amigos.

Actualmente as TIC forman parte da miña rutina, fago uso das redes sociais e Internet é a miña primeira opción ante calquera dúbida no meu día a día. Embárcome neste proxecto con moita ilusión, un proxecto dixital no que terei que familiarizarme máis coas novas tecnoloxías e seguir aprendendo con elas.

Comentarios