Genially


    Bo día a todos e todas! Nesta entrada queremos ensinarvos outra plataforma coa que traballamos bastante a miúdo á hora de facer traballos. Neste caso, fixemos unha actividade para levar a cabo nunha clase de 3º de Primaria na materia de Ciencias Naturais. Trátase dun verdadeiro ou falso, que como o seu nome indica é contestar unha serie de preguntas respondendo se son ou non son correctas, e amosando posteriormente a resposta correcta en caso de ser falsa. Deseñamos esta actividade  porque consideramos que é unha boa forma de aprender datos curiosos sobre o cambio climático que pode que non se teñan moi presentes ou simplemente dos que se teñan descoñecemento.

    A continuación deixámosvos o link para que poidades desfrutar desta actividade tanto como nós o fixemos deseñando as preguntas. Moitas grazas, un saúdo ! 

https://view.genial.ly/604b5214ca2c140d80ccb864/interactive-content-verdadeiro-ou-falso

Comentarios