Infografías

 

    Bo día a todos e todas! Nesta entrada do blog imos facer unha pequena reflexión sobre as infografías. Para empezar, comezaremos describindo este concepto brevemente. Resumidamente, unha infografía é unha forma bastante esquemática de recoller información de maneira visual e incluso auditivo para non empregar a simple opción dun esquema ou diagrama. Ten o obxectivo de transmitir de maneira didáctica e gráfica información e ao mesmo tempo facilitar a memoración rápida e concisa dun tema en cuestión.

    Polo tanto, dende o noso punto de vista, podemos dicir que é unha ferramenta bastante útil e práctica á hora de facer unha exposición ou recoller simplemente información de maneira didáctica para expor nunha aula. 

     Animámosvos a empregar este recurso tanto se sodes docentes como alumnos/as, posto que pode ser unha forma diferente e dinámica de explicar en comparación con facer unha presentación simple en presentacións de google, por exemplo. Nós empregamos a aplicación de genially para realizala pero existen moitas outras tamén válidas e moi interesantes. Esperamos que vos sirvera de axuda esta reflexión.

    Moitas grazas e un saúdo!

Comentarios