Learningapps

       Bo día a todas e todos! 

    Hoxe traemos unha nova app para crear actividades interactivas. Trátase de learningapps, unha aplicación moi intuitiva, orixinal e fácil de empregar cunha gran variedade de posibilidades para crear distintos tipos de actividades. 

    No noso caso deseñamos unha actividade destinada aos alumnos e alumnas de terceiro de Educación Primaria. Está plantexada para levar a cabo na materia de inglés. O obxectivo que queremos acadar é aumentar o vocabulario do noso alumnado en canto a temática do cambio climático, traballando ao mesmo tempo a primeira lingua estranxeira. 

    O xogo deseñado é o coñecido "aforcado". O alumnado, a partir dunha imaxe e de determinadas letras, terán que completar os ocos de forma coherente tratando de descubrir a palabra oculta. 

    A continuación deixámosvos unha imaxe de referencia e o link para que poidades realizar esta actividade, pasar un bo rato e ao mesmo temo aprender algunhas palabras en inglés relacionadas co tema do cambio climático. Desexamos que vos guste!


                      

                            https://learningapps.org/display?v=p5dhicook21

Comentarios