Ola a todos e todas! Nesta nova entrada, para ir collendo ritmo e adentrándonos no blog, deixámosvos algunhas cuestións para reflexionar acerca das novas tecnoloxías. Agardamos que vos sexan de utilidade!
Aprenden mellor os nenos coas novas tecnoloxías?
Na nosa opinión e experiencia como docentes, poderíamos afirmar que os nenos aprenden mellor coas novas tecnoloxías, pois nelas ofrécense multitude de recursos nos que os nenos son tanto espectaores coma participantes activos. Da tecnoloxía extráense materiais de traballo atractivos, rápidos e prácticos; ademáis, grazas a estes recursos mantívose o contacto co alumnado aínda en situación de confinamento cunha eficacia impensable nos nosos tempos de primaria.
Faite mellor ou peor profesor o uso das novas tecnoloxías?
As novas tecnoloxías poden facer que un mestre ou unha mestra sexa mellor ou peor dependendo de como as empregue. Coma calquera outra ferramenta, precisan dun uso axeitado para que funcionen e sexan efectivas; desta forma, poderemos atoparnos con mestres/as “moi bos/as” que empreguen as novas tecnoloxías nas súas aulas e con mestres/as “moi malos/as” que non as empreguen, e viceversa. En calquera caso, as novas tecnoloxías son, e serán cada vez máis, unha ferramenta necesaria na docencia.
Cómo crees que as vas empregar na túa aula o día de mañá?
No noso papel como docentes temos claro que as novas tecnoloxías supoñen unha ferramenta fundamental no noso día a día. Cada vez, os recursos que éstas nos aportan, tanto a nós, os profes, coma ao alumnado, son cada vez máis. Fomentando un uso controlado e responsable destas tecnoloxías poderemos conseguir grandes avances.
As novas tecnoloxías como medio ou como fin?
As novas tecnoloxías as consideramos un medio para alcanzar un fin, é dicir, as novas tecnoloxías supoñen un recurso importante no proceso de ensino aprendizaxe. Igual que outros métodos xa utilizados previamente e máis tradicionais (libros de texto, pizarra, etc.), as novas tecnoloxías tamén actúan como vía do aprendizaxe e da educación.
Hai medios nos colexios públicos para traballar coas novas tecnoloxías?
En xeral, os servizos tecnolóxicos ofrecidos nos colexios públicos están a mellorar a medida que avanza o tempo. Dende que nós estudamos ata a etapa actual, producíronse motisimas melloras tecnolóxicas, o cal lóxicamente tamén se reflicte na escola. Mais, nunha moreira de casos, a dotación tecnolóxica dos centros públicos deixa moito que desexar, debido a que non se gasta o suficiente en aportar uns bos materiais. Cabe destacar que é especialmente nos centros rurais nos que maiormente se carece de medios para traballar coas TIC.
Comentarios
Publicar un comentario